Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

Viaxa por Europa con DiscoverEU

Imagen
Se queres facer unha viaxe por Europa interésache ler isto.   DiscoverEU é unha iniciativa da Unión Europea que che ofrece a oportunidade de descubrir Europa a través da túa propia experiencia. Desprazándote principalmente en tren (hai excepcións para as persoas que viven en illas ou en zonas remotas), descubrirás as impresionantes paisaxes de Europa e a súa gran variedade de cidades e pobos. Se tes cidadanía europea e entre 18 e 20 anos podes inscribirte como candidato/a, ti solo/a ou nun grupo de ata catro persoas.   Consulta toda a información aquí.   E non esquezas o prazo para inscribirte: Do 12 ó 26 de outubro de 2021 ás 12´00h

Outono Xove 2021 xa está en marcha

Imagen
  Se che apetece pasar unha fin de semana nun albergue xuvenil facendo actividades de ocio con outros mozos e mozas interésache ler esta actividade. (Información íntegra da web de Xuventude.net) EN QUE CONSISTE?: A Xunta de Galicia pon en marcha o novo programa Outono Xove con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana entre finais de outubro e comezos de decembro nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30. CANTAS PRAZAS SE OFERTAN?: Ofértanse 1.100 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana. CANTO CUSTA?: A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 eur