Novo equipo de Correspondentes Xuvenís e Antenas de Información Xuvenil
Atención comunidade educativa do IES A Sardiñeira!
Neste curso 2021-2022 estreamos novo equipo de Correspondentes e Antenas de Información Xuvenil.
Damos a benvida ó novo equipo e despedimos con agarimo á Rosalía Alonso, que foi alumna Antena de Información Xuvenil durante os cursos 18-19, 19-20 e 20-21, e a quen agradecemos o seu excelente traballo.
Como Correspondentes xuvenís en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social) nomeamos ós seguintes alumnos/as de 4º ESO A:
- Noa Vilas
- Tamara Guerra
- Fátima Álvarez
- Mohamed Said Charha
- Javier Míguez
Como Antena de Información Xuvenil do Concello da Coruña nomeamos a:
- Malena Fraga de 4º ESO A
Tamén colaboran as seguintes profesoras do centro:
- Esther Tarrío
- Carmen Rama
- Rosa Rojo
- Olalla Ponte
- Mónica Diz
Durante todo o curso informarémosvos de novas de interese para o alumnado do IES A Sardiñeira.
Subscribídevos a este blogue e seguídenos en Instagram se queredes estar ó tanto das últimas convocatorias de actividades, bolsas, axudas, premios, cursos, etc.
Comezamos!
Comentarios
Publicar un comentario