Se che apetece pasar unha fin de semana nun albergue xuvenil facendo actividades de ocio con outros mozos e mozas interésache ler esta actividade. (Información íntegra da web de Xuventude.net) EN QUE CONSISTE?: A Xunta de Galicia pon en marcha o novo programa Outono Xove con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana entre finais de outubro e comezos de decembro nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30. CANTAS PRAZAS SE OFERTAN?: Ofértanse 1.100 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana. CANTO CUSTA?: A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75...
Comentarios
Publicar un comentario