Interésache a fotografía? A túa foto pode ter premio

Se estás interesado ou interesada na fotografía podes ter a túa recompensa! Actualmente están abertos dous Concursos fotográficos de diferente tipoloxía están abertos para a túa inscripción.  Estamos a falar do  concurso fotográfico de Galiciencia ou o de Transversalidades 2021. 

É moi sinxelo!


CONCURSO FOFOGRÁFICO DE GALICIENCIA

Imaxe de Xuventude.net


Galiciencia a feira científica galega, celebra a súa 16° edición do 26 ao 28 de maio.  Este ano, a feira contará cun concurso de fotografía, que xa ten aberto o prazo por medio de Instagram. Nel poderá participar o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España.

O concurso xira en torno a innovación postCOVID a través da revolución do talento. Polo tanto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionados con este tema.

As personas interesadas en participar, precisan subir as fotografías a Instagram etiquetando a Galiciencia co cancelo #concursogalicienciaonline2021. Aquí podes atopar as bases

Os participantes deberán sinalar o centro educativo ao que pertencen. 

prazo de presentación ata o 28 de maio.

O gañador  ou gañadora recibirá un diploma e un obsequio.



TRANSVERSALIDADE 2021. FOTOGRAFÍA SEM FRONTEIRAS

Imaxe de Tansversalidade 2021

O Centro de Estudos Ibéricos de Garda (Portugal), organiza o concurso de fotografía "Transversalidades 2021. Fotografia sem fronteiras". As imaxes mostrarán a diversidade de territorios, sociedades e culturas de distintos continentes e poderán integrarse nun dos seguintes temas:

- Patrimonio natural, paisaxes e biodiversidade.Espazos rurais, agricultura e  poblamiento.

- Ciudad e procesos de urbanización.

- Cultura e sociedade: diversidade cultural e inclusión social.

O prazo de inscripción é ata o 7 de Maio

En canto aos apoios por participar:

1. Primeiro apoio por participación para o mellor e máis completo porfolio recibirá 1500 €.
2. Vencedor/a de cada tema (4 premios) para o mellor portfolio recibirá 750 €. 
3. O Xurado outorgará mencións de honra a outros portfolios (ata 12 premios) que recibirán 150€. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

BOLETÍN ANTENAS 24-30 XANEIRO

Correspondentes Xuvenís

Correspondentes Xuvenís