A Xunta de Galicia publica moitas actividades,cursos,axudas,etc que podedes ver na web Se estades interesados en facer un erasmus podevos interesar a guía orientativa de Erasmus+.Se queredes mellorar o voso inglés ofrecense bolsas para estudar.Se vos gusta escribir podevos interesar a quinta edición de do certame de microrrelatos co obxectivo de reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.
Se che apetece pasar unha fin de semana nun albergue xuvenil facendo actividades de ocio con outros mozos e mozas interésache ler esta actividade. (Información íntegra da web de Xuventude.net) EN QUE CONSISTE?: A Xunta de Galicia pon en marcha o novo programa Outono Xove con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana entre finais de outubro e comezos de decembro nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30. CANTAS PRAZAS SE OFERTAN?: Ofértanse 1.100 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana. CANTO CUSTA?: A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75...
Se estás interesado ou interesada na fotografía podes ter a túa recompensa! Actualmente están abertos dous Concursos fotográficos de diferente tipoloxía están abertos para a túa inscripción. Estamos a falar do concurso fotográfico de Galiciencia ou o de Transversalidades 2021.
Comentarios
Publicar un comentario