A Xunta de Galicia publica moitas actividades,cursos,axudas,etc que podedes ver na web Se estades interesados en facer un erasmus podevos interesar a guía orientativa de Erasmus+.Se queredes mellorar o voso inglés ofrecense bolsas para estudar.Se vos gusta escribir podevos interesar a quinta edición de do certame de microrrelatos co obxectivo de reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.
A Xunta de Galicia publica novas actividades,concursos,bolsas e moitas outras cousas de interese que podedes consultar na páxina web . O pasado 22 de novembro foi o día internacional da música,podes escoitar os gañadores/as da modalidade de Xuventude Crea 2020.Se prefires a poesía ou a prosa,podes participar no XII Concurso de Poesía e Prosa Narrativa "Granajoven" 2022,o prazo de inscrición é ata o 22 de xaneiro,tedes toda a información no enlace.E se eres unha persoa emprendedora,podes participar, coa túa idea de negocio innovadora baseada na tecnoloxía,no Desafío á mocidade emprendedora.
Atención comunidade educativa do IES A Sardiñeira! Neste curso 2021-2022 estreamos novo equipo de Correspondentes e Antenas de Información Xuvenil. Imaxe de Pixabay Damos a benvida ó novo equipo e despedimos con agarimo á Rosalía Alonso , que foi alumna Antena de Información Xuvenil durante os cursos 18-19, 19-20 e 20-21, e a quen agradecemos o seu excelente traballo. Como Correspondentes xuvenís en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social) nomeamos ós seguintes alumnos/as de 4º ESO A: Noa Vilas Tamara Guerra Fátima Álvarez Mohamed Said Charha Javier Míguez Como Antena de Información Xuvenil do Concello da Coruña nomeamos a: Malena Fraga de 4º ESO A Tamén colaboran as seguintes profesoras do centro: Esther Tarrío Carmen Rama Rosa Rojo Olalla Ponte Mónica Diz Durante todo o curso informarémosvos de novas de interese para o alumnado do IES A Sardiñeira. Subscribídevos a este blogue e seguídenos en...
Comentarios
Publicar un comentario